Envío gratuíto a partir de 50€

Resaibo Amargo

15,00 

SKU: RA Categoría:

Descripción

Mariana é unha xornalista coruñesa, farta de escribir columnas e desmotivada co seu traballo. Por casualidade coñece a Inês, unha brasileira que traballa como visitante médica. Entre o renovado interese xornalístico, e o desencanto co seu outro traballo, buscarán o xeito de sacar á luz todas as prácticas abusivas da industria farmacéutica.

A moza de Mariana non ve esta suposta relación laboral co seu marido, nin ve a poderosa empresa na que traballa Inês. Estas circunstancias, unidas aos problemas mentais que provocan a aparición da penosa situación desta perigosa viaxe para os nosos protagonistas.

[ficha_libro=15746 incluye=precio, boton]

Resaibo Amargo

Autor Lucía Ferro
Portada Ver portada
Editorial EOditorial Publicaciones
Ano 2021
Idiomas Gallego
Encuadernación Tapa Blanda
Nº de páginas 560
ISBN 978-84-128471-2-3
Muestra

Páginas de Muestra

Lucía Ferro

Lucía FerroComecei a escribir moi nena pola necesidade que sentía de expresarme. Dende moi cativa notei que comunicar as miñas emocións e opinións en voz alta non era benvido, non era seguro. Atopei entón na escritura a ese confidente seguro que sempre me escoitaba sen importar o que tivese que dicir. Relatos e poemas encheron páxinas e páxinas que por desgraza se perderon. Medrei nunha fermosa aldea da costa mariñá de Lugo. Alí aprendín a xogar ao fútbol e a desfrutar do mar no inverno. Aprendín outras cousas, boas e malas, pero esas dúas son unha importante parte da miña personalidade. Observar unha forza tan inmensa como é o mar traballando con tanta lentitude e persistencia como o fai ao tallar as rochas que forman o acantilados, faiche… canto menos pensar. E escribir moitas metáforas nas que a auga salgada é a protagonista. Co tempo chegou a universidade, en A Coruña, onde comecei a cuestionarme a min mesma e me independicei. Nas cidades perdes o contacto coa natureza, cousa que detesto, mais son indudablemente un punto de encontro para distintas formas de cultura e coñecemento; e por elo foi unha transición agridoce e enriquecedora. A pesar de todas as sinais arredor da escritura, non me deu a min por estudar literatura. Tampouco tradución ou filosofía. Estudei enfermería, que era o que cría necesitar unha rapaza de dezasete anos para poder salvar o mundo (e ás persoas que ela amaba). Aínda así, a escritura perseguiume tamén durante a universidade. Foi daquela cando me animei, en serio, a escribir unha novela. Trinta e tres páxinas despois decateime de que non tiña nin idea do que estaba a facer. Equivocadamente, no canto de aprender, rendinme e decidín volver aos meus relatos e aos meus poemas.

Ver todos los libros del autor

Información adicional

Peso 0,650 kg
Dimensións 20 × 3 × 12 cm

Reviews

There are no reviews yet.

Only logged in customers who have purchased this product may leave a review.

Contactanos para asesoramiento sobre los servicios que ofrecemos

Unirse a Lista de espera Le notificaremos cuando se reciba. No implica compromiso
Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?