Envío gratuíto a partir de 50€

Olladas transfuxidas (en reserva)

12,00 

Olladas transfuxidas é un aparello por que revivir a transfusión, o transfuxirmos do que cremos ver.
O vérmonos, desde os adentros, desde as liñas das fisuras que nos falan polos ollos. Un compendio de textos (X. Pardo de Neyra) fabulosamente acompañados dun
feixe de poemas visuais baixo o formato de fotografias (J. M. Mazoy)

SKU: OT Categoría:

Disponible para reserva

Descripción

Juan Miguel Mazoy (Lugo, 1965) e Xulio Pardo de Neyra (Lugo, 1968) son da mesma estirpe: neto e fillo, respectiva ente, dunha irmá e un irmán; bisneto e neto, xa que logo, dun orgulloso mirandés, emigrante naquela Cuba española, pertencente a unha caste estreitamente
preocupada pola súa procedencia-derivada dos da Casa do Fidalgo de Gromaz, simbólico soar buronés onde os haxa por mor de descenderen dunha monxa dominicana e un fidalgo labrego cuxo sangue viña da beira do océano, aló en Rabanillo de Tagle-e inmensamente conectada co
mundo da fotografia, desde os mesmos inicios da invención do daguerreotipo.
Olladas transfuxidas é como un mausoleo: mercé á grande habelencia artística de Mazoy e por mor do cántico á mirada que se reflicte nos textos dun poemario que, como as imaxes que o acompañan, volve cantar a ese país bañado pola inmensidade escura da Galiza do interior que, ás veces, lembraba a fereza do mar que a redimiu.

Olladas transfuxidas (en reserva)

Autor Xulio Pardo de Neyra
Portada Ver portada
Editorial EOditorial Publicaciones

Xulio Pardo de Neyra

Xulio Pardo de NeyraLicenciado en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en Filoloxía Galega e Doutor en Historia Contemporánea pola mesma, así como Doutor Europeo en Didáctica da Lingua e a Literatura pola Universitat de València. Dá clases na Universidade da Coruña, onde imparte lingua e literatura galegas e a súa didáctica. Nas súas teses de doutoramento abordou a relevancia de Evaristo Correa Calderón no sistema literario galego e a introdución do vangardismo na Literatura galega; a repercusión e actualización literaria da figura do heroe cabaleiresco masculino nas lendas de familia e mais na literatura da Galiza contemporánea, e o mito da muller acuática nas literaturas europeas. Anteriormente foi profesor na Universidade de Compostela, na da Estremadura, na Universidade Católica Portuguesa. Desde moi novo comezou a escribir nos medios xornalísticos galegos, aos dezanove anos vía a luz o seu primeiro libro, e conta na actualidade cunha trintena de ensaios sobre literatura galega. (Wikipedia)

Ver todos los libros del autor

Reviews

There are no reviews yet.

Only logged in customers who have purchased this product may leave a review.

Contactanos para asesoramiento sobre los servicios que ofrecemos

Unirse a Lista de espera Le notificaremos cuando se reciba. No implica compromiso
Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?